Competencias básicas
Competencia básica 11 (CB11)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
Competencia básica 12 (CB12)
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
Competencia básica 13 (CB13)
Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
Competencia básica 14 (CB14)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencia básica 15 (CB15)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Competencia básica 16 (CB16)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidades e destrezas
Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
Capacidade 2 (CA02)
Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.
Outras competencias
Competencia xeral 1 (CG1)
Profundar nas aplicacións dos coñecementos teóricos e na ampliación de contidos, así como nas ferramentas e técnicas de investigación necesarias para a óptima implementación dos mesmos, a fin de lograr unha especialización interdisciplinar, científica e profesional.
Competencia xeral 2 (CG2)
Conseguir unha formación avanzada e especializada nos estudos literarios do español, o galego e o portugués, así como naquelas técnicas aplicadas a este campo.
Competencia xeral 3 (CG3)
Dominar os métodos e técnicas de investigación de investigación literaria.
Competencia xeral 4 (CG4)
Obter un coñecemento avanzado sobre a diversidade cultural por medio dos estudos culturais.
Competencia específica 1 (CE1)
Demostrar unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio de habilidades e métodos de investigación relacionados co ámbito dos Estudos Literarios.
Competencia específica 2 (CE2)
Demostrar a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica.
Competencia específica 3 (CE3)
Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento, a partir do desenvolvemento dun corpus substancial, cuxos logros merezan a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.
Competencia específica 4 (CE4)
Coñecer o modo de relacionarse coa comunidade científica, dar a coñecer as súas investigacións e lograr resultados na difusión do coñecemento.
Competencia transversal 1 (CT1)
Competencia no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos Estudos Literarios.
Competencia transversal 2 (CT2)
Habilidade na actualización de coñecementos de forma autónoma.
Competencia transversal 3 (CT3)
Capacidade para comunicarse cos seus iguais, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral no proceso de transferencia de resultados da investigación.
Competencia transversal 4 (CT4)
Responsabilidade social como investigadoras e investigadores integrados no desenvolvemento da sociedade do coñecemento.