En casos de candidaturas de estudantado procedente de mestrados ou DEAs que non inclúan estudos literarios, a CAPD establecerá en función de cada CV e proxecto de tese a realización de actividades formativas: dende un mínimo de 9 ata un máximo de 15 créditos.
Esta formación terá de ser realizada nos graos ou mestrados de estudos literarios, particularmente aqueles relacionados coas literaturas en lingua castelá, galega e portuguesa, que estean vixentes na UVigo e na UDC, sempre contando coa autorización expresa da Comisión Académica.